Historia evolutiva da vida

A historia evolutiva da vida na Terra describe os procesos e acontecementos polos cales os organismos vivos e fósiles evolucionaron desde que apareceu a vida sobre o noso planeta ata os nosos días. A Terra formouse hai uns 4,5 Ga (xigaanos), é dicir, hai 4.500 millóns de anos e hai probas de que a vida apareceu 500 millóns de anos despois.[1] As similitudes que presentan todos os organismos actuais indican a presenza dun antepasado común a partir do cal diverxiron todas as especies coñecidas polo proceso da evolución.[2] Máis do 99 % de todas as especies que algunha vez existiron na Terra, que en conxunto son uns cinco mil millóns de especies,[3] considérase que se extinguiron.[4][5] As estimacións do número de especies que hai agora na Terra oscilan entre 10 e 14 millóns,[6] dos cales uns 1,2 millóns están ben documentadas e o 86 % restante non foron aínda descritas.[7]

  1. Life on Earth likely started 4.1 billion years ago—much earlier than scientists thought publicado por "Phys.org" o 19 de outubro de 2015 (Potentially biogenic carbon preserved in a 4.1 billion-year-old zircon, Proceedings of the National Academy of Sciences, www.pnas.org/cgi/doi/10.1073/pnas.1517557112)
  2. Futuyma 2005
  3. McKinney 1997, p. 110
  4. Stearns & Stearns 1999, p. x
  5. Novacek, Michael J. (November 8, 2014). "Prehistory’s Brilliant Future". The New York Times (New York: The New York Times Company). ISSN 0362-4331. Consultado o 2014-12-25. 
  6. Miller & Spoolman 2012, p. 62
  7. Mora, Camilo; Tittensor, Derek P.; Adl, Sina; et al. (August 23, 2011). "How Many Species Are There on Earth and in the Ocean?". PLOS Biology (San Francisco, CA: Public Library of Science) 9 (8): e1001127. ISSN 1544-9173. PMC 3160336. PMID 21886479. doi:10.1371/journal.pbio.1001127. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy